Sisalde 2026 : programación e horarios

O Festival Folk de Sisalde celebra este sábado 5 de setembro unha nova edición na contorna da Fraga de Sisalde cunha programación que dará comezo ao mediodía e que combinará música tradicional, xogos populares, artesanía e obradoiros ao longo de toda a xornada.

A actividade musical comezará ás 12:30 horas coa actuación da Agrupación Xuvenil Xiradela, á que seguirá ás 13:30 horas a A.C. Triskell. Pola tarde, os xogos populares darán comezo ás 16:00 horas.

Os obradoiros estarán dispoñibles durante toda a xornada.

Os concertos darán comezo as 17:00 horas. A Escola de Música Entresons serán os primeiros en se subir ao escenario principal. Ás 18:15 horas será o turno de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. O plato forte da xornada chegará ás 20:30 horas co concerto de Luar na Lubre, que este ano celebra o seu 40 aniversario.

O festival pretende recuperar o espírito das antigas romarías populares, cunha proposta que combina música, tradición, participación e natureza na contorna da Fraga de Sisalde.

A  recollida de mesas e cadeiras comezará ás 9:00 horas e lembramos que non se poderán colocar haimas nin carpas no recinto sen autorización.

Con esta programación, o Festival Folk de Sisalde completa unha xornada que se prolongará durante toda a tarde coa participación de diferentes formacións musicais e actividades vinculadas á cultura popular.