A Escola de Música Entresons, de Arteixo, será unha das bandas protagonistas da nova edición do Festival Folk de Sisalde.
Con anos de experiencia na formación musical de nenos, nenas e persoas adultas, Entresons desenvolve un amplo labor educativo no municipio, impartindo disciplinas como violín mediante o método Suzuki, canto, linguaxe musical e estimulación musical. A súa actividade converteuna nun referente na promoción da educación musical e na creación dunha canteira de novos intérpretes.
A súa participación no festival pon en valor o talento local e o papel que desempeñan as escolas de música na conservación e transmisión da cultura musical entre as novas xeracións.
