Luar Na Lubre súmase ao cartel do Festival Folk de Sisalde 2026

O Festival Folk de Sisalde contará nesta edición coa presenza de Luar Na Lubre, unha das formacións máis recoñecidas e internacionais da música folk galega.

Fundada na Coruña a mediados da década dos oitenta, a banda desenvolveu unha traxectoria de case corenta anos levando a música tradicional galega a escenarios de Europa, América e Asia. Ao longo deste tempo consolidouse como un referente do folk contemporáneo, combinando instrumentos tradicionais con composicións propias e un son que se converteu nunha das súas principais señas de identidade.

A proxección internacional do grupo viu reforzada cando o músico británico Mike Oldfield adaptou o tema O Son do Ar no álbum Voyager e convidou á banda a participar na súa xira mundial, contribuíndo a dar a coñecer a música galega ante novos públicos.

A participación de Luar Na Lubre reforza a aposta do Festival Folk de Sisalde por ofrecer unha programación de calidade, na que convivirán artistas de ampla traxectoria con novas propostas da música de raíz.